O Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) / Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG) ten entre os seus obxectivos promover o desenvolvemento industrial sostible, a compatibilidade das industrias coa conservación do medio ambiente, promover a imaxe da Enxeñaría Industrial perante a sociedade e fomentar a mellora sostible da nosa sociedade a través do avance tecnolóxico, industrial e económico na comunidade autónoma de Galicia.
No cumprimento destes obxectivos, considera oportuno recoñecer e premiar as boas prácticas e o desenvolvemento profesional relacionados cos ámbitos da industria e da enerxía, entre as empresas galegas ou que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
Ata a data celebráronse X edicións dos Premios Galicia de Enerxía e V edicións dos Premios Galicia de Industria. No pasado ano 2024 unificáronse ambos galardóns, pasando a denominarse PREMIOS DE INDUSTRIA E ENERXÍA DE GALICIA, polo que se convocan os PREMIOS DE INDUSTRIA E ENERXÍA DE GALICIA 2025.
• CATEGORÍA A: Premio á mellor actuación en industria.
• CATEGORÍA B: Premio á mellor actuación en enerxía.
• CATEGORÍA C: Premio á innovación industrial.
• CATEGORÍA D: Premio á innovación enerxética.
• CATEGORÍA E: Premio á sustentabilidade medioambiental na sociedade.
• CATEGORÍAS F e G: Premio á seguridade industrial.
O prazo de presentación de candidaturas vai dende o 20 de febreiro ata as 14 h do 21 de marzo de 2025. Deberán remitirse ao correo electrónico: colegio@icoiig.es.
Os galardóns entregaranse nunha gala denominada “Gala da Industria e Enerxía de Galicia 2025”, que se celebrará na Coruña o 9 de maio de 2025.
Faltan
Día(s)
:
Hora(s)
:
Minuto(s)
:
Segundo(s)
Que é?
Entrega dos Premios de Industria e Enerxía de Galicia 2025
Cando?
Venres, 9 de maio de 2025 ás 19:30 h, previa invitación.
Onde?
PALEXCO – Pazo de Exposicións e Congresos da Coruña (Peirao de Transatlánticos, s/n, 15003, A Coruña)
A través do patrocinio, a súa empresa poderá apoiar este importante evento e conectar con potenciais clientes, ademais de crear unha importante rede de contactos entre as diferentes empresas, cargos e representantes de institucións presentes no acto.
Trátase, polo tanto, dunha potente ferramenta de promoción e negocio tanto para pequenas como para grandes empresas, que conta cunha coidada difusión do evento para facelo chegar antes, durante e despois do mesmo a centos de persoas e empresas directa e indirectamente relacionadas co sector industrial.
Para máis información ou confirmación de patrocinio, contactar coa Sede Central a través de:
- Teléfono: 981 217081
- Email: colegio@icoiig.es