FALO DO XURADO DOS VÍDEOS GALICIA DE INDUSTRIA

Reunidos os membros do Xurado, produciuse o fallo dos Premios Galicia de Industria 2023, convocados polo Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia en colaboración coa Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia

Este xurado estivo composto por Francisco Pérez Rivas, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) e presidente da Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG); Manuel Aurelio Colmenero Guzmán, vicedecano do ICOIIG e vicepresidente da AIIG; Víctor Manuel Pérez Rodríguez, secretario do ICOIIG e da AIIG; Roberto Carlos González Fernández, tesoureiro do ICOIIG e AIIG; José Collazo Martínez, interventor do ICOIIG e a AIIG; Zaida Ferreiro Casanova, delegada do ICOIIG na Coruña; Javier Bouza Fernández, delegado do ICOIIG en Ferrol e vogal 2 da AIIG pola provincia da Coruña, Rocío Lourenco Presa, delegada do ICOIIG en Santiago; Silvia Colmenero Guzmán, delegada do ICOIIG en Lugo; Ricardo Bendaña Jácome, delegado do ICOIIG en Ourense e vogal da AIIG pola provincia de Ourense; Manuel Antonio Medraño Fariña, delegado do ICOIIG en Pontevedra e vogal 2 da AIIG pola provincia de Pontevedra; Paula Froiz Lareu, delegada do ICOIIG en Vigo e vogal 1 pola provincia de Pontevedra; Carlos Prego Mosquera, vogal 1 da AIIG pola provincia da Coruña e José Luis Valado Vieitez, vogal da AIIG pola provincia de Lugo.

Resultaron premiados:

Na categoría.A. “Premio á mellor traxectoria profesional na industria e enxeñería” o gañador foi “José Ramón Álvarez Arnau“.

Na categoría B. “Premio á mellor actuación en industria conectada 4.0 transformación dixital” o gañador foi “Navantia“.

 Na categoría C. “Premio á mellor actuación de sustentabilidade, socialmente responsable e medioambiente” o gañador foi “Agroamb Prodalt, S.L.”.

Na categoría D. “Premio á Startup Industrial con maior impacto ou crecemento” o gañador foi ”Dooroti”.

Na categoría E. “Premio á mellor innovación industrial” o gañador foi “Repsol” co Proxecto G-54. Complexo Industrial A Coruña.

Dentro da mesma categoría outorgouse unha “Mención Especial do Xurado” pola contribución ao desenvolvemento e implantación doutras iniciativas industriais á “Autoridade Portuaria da Coruña” pola súa actuación no proxecto “Porto exterior da Coruña: unha aposta de futuro da Coruña Green port”.

A categoría F. “Premio ao proxecto máis destacado visado no ICOIIG” resultou deserta.

Na categoría G. “Mención honorífica á Industria galega” o gañador foi “Grupo Lence”.

O Xurado, antes de dar por concluída a reunión, desexa sinalar a gran calidade dos proxectos presentados, agradecer a colaboración dos membros do mesmo, de todas as persoas que difundiron a celebración destes premios e en particular de todas as candidaturas presentadas, e convidar á asistencia ao evento de entrega dos mesmos na “V Noite dá Industria”. Deséxase agradecer a todos os patrocinadores a súa colaboración para facer posible a celebración desta Gala

Xurado V Premios Galicia de Industria Coruña,

30 de Maio de 2023